Liriodendron tulipifera (Tulipero de Virginia)

Liriodendron tulipifera
Tulipero de Virginia

- Familia: Magnoliáceas
- Orixe: É nativo do sur de Ontario(Canadá) e leste de Estado Unidos, desde Michigan ata Louisiana e o norte de Florida

Árbore caducifolio de ata 30-40m de altura en condicións favorables, cunha copa densa, de cor verde escura amarilleando no outono, ao principio máis ou menos piramidal, e máis tarde ancha e estendida; tronco recto e cilíndrico, coa cortiza ao principio lisa e verdosa, tornándose marrón escuro e fisurada verticalmente co paso dos anos. Xemas ovoides, de 12-14 mm de longo, ao principio verdosas tornándose castaño-avermelladas posteriormente.

Follas simples, alternas, de anchamente ovadas a orbiculares, de 6-15cm,enteiras ou amiúdo con 4-6 lóbulos, coa base cuneada ou redondeada e o ápice emarginado ou truncado de forma característica e inconfundible;son de textura herbácea, glabras e de cor verde brillante polo feixe e de cor verde máis pálido e con algúns pelos nos nervios polo envés; pecíolo glabro, de 5-15cm de lonxitude. Estípulas presentes, de 2-4cm de longo, caedizas ou persistentes.

Flores aparecendo despois que as follas, terminais, solitarias, bisexuais, pediceladas, en forma de tulipa, de 5-10cm de diámetro, cun cáliz de 3 sáibaos reflejos, lanceolados ou ovados, de 3.5-6mm de longo, esbrancuxados ou amarelado- verdosos, de ápice redondeado, caedizos e unha corola acampanada de 6 pétalos de elípticos a ovados, de 4-6 *1.8-3cm, ascendentes, esbrancuxaods ou verde-amarelados cunha franxa alaranxada na base, de ápice obtuso ou redondeado. Androceo con 20-50 estambres insertos, cos filamentos de 1-2,5cm de lonxitude e grosas antera; Gineceo con ovario súpero e numerosos carpelos.

Froito formado pola fusión de numerosas sámaras(infrutescencia), con forma de cono, duns 6-8cm de lonxitude, de cor castaña escura, tardando 1 ano en madurar. Cada frutito cun par de sementes, a mayoría das veces non fértiles.

Fonte: arbolesornamentales.es