Ligustrum japonicum (Alfaneiro de Xapón)

Ligustrum japonicum
Alfaneiro de Xapón

- Familia: Oleaceae
- Orixe: é natural de Xapón

Árbore de 2 a 5 metros, con ponlas xoves pubescentes.

As follas son opostas, perennes, enteiras, de 5 a 10 centímetros de lonxitude, oval-oblongas, coriáceas, curtamente acuminadas, ás veces obtusas, de cor verde e peciolo canaliculado.

As flores dispóñense en acios ergueitos que aparecen entre xuño e setembro, son de cor branca e posúen aroma. A corola é tubular, co tubo máis longo que os 4 lóbulos, teñen 2 estames e un ovario dividido e 2 partes.

O froito é unha drupa alongada e de cor negra.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro