Fraxinus excelsior "pendula"
- Familia: Oleaceae
- Orixe: orixinario de Europa e Asia Menor
- Curiosidades: as súas follas prepáranse en infusión como laxante e diuréticas. Mesturadas con outras plantas, faise unha tisana antirreumática. Utilízase en carpintería e ebanistería, madreñas,artigos de deporte e ferramentas de moitas clases, pezas de vagóns, armazón de máquinas, escaleiras. Empregábase, noutro tempo, para a fabricación de rodas e carrocerías
Árbore de folla caduca cunha altura habitual de 8 a 12m, pero que pode alcalnzar ata 40m
Follas opostas, compostas de 9-13 folíolos sentados, oblongo-lanceolados, de marxe aserrado, miden 5-11 cm de lonxitude e 2.5-3.3 cm de anchura. Son glabros e de cor verde escura no feixe e máis pálidos e con algunha pubescencia xunto ao nervio central no envés.
Florecen na primavera, desde marzo a abril ou maio, antes de que broten as novas follas e as sámaras maduran no outono. Flores en acios axilares, precoces. Perianto ausente e 2 estames.
Froito en sámara oblongo-lanceolado, lampiña, oblicuamente truncada ou escotada no ápice, maduran no outono entre setembro e outubro, mantéñense ás veces sen caer durante todo o inverno. Semente oblonga, unilocular por aborto.
Fonte: redjaen.es

