Fagus sylvatica
Faia
- Familia: Fagacea
- Orixe: orixinaria do centro e oeste de Europa
- Curiosidade: en Galicia aparece coma árbore ventureira nas serras altas, coma no Caurel ou Pedrafita do Cebreiro
Árbore que pode medir ata 40 metros, cos casca lisa e grisácea que non se fende nos exemplares adultos.
As follas son alternas, caducas, pecioladas, con peliños na beira do limbo e nos nervios das follas xoves; son ovaladas, de 4 a 10 centímetros de longo e coa marxa ondulada e lisa.
As flores son unisexuais. As masculinas sitúanse en amentos globosos, colgantes e levan un cáliz tubular, de 5 ou 6 sépalos, e 10-12 estames. As femininas dispóñense en grupiños de 1 a 3, protexidas por un invólucro, ovario do que sobresaen 3 estigmas longos e estreitos.
Froitos (faiucos) con 3 costelas marcadas, están protexidos por un invólucro cuberto de moitas espiñas non picudas. Este invólucro, que encerra de 1 a 3 froitos, ábrese a finais de verán ou comezos de outono.
Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro

