Cupressus macrocarpa (Ciprés de California)

Cupressus macrocarpa
Ciprés de California

- Familia: Cupressaceae
- Orixe: procede de Monterrei (California)

Árbore de folla perenne coa copa oval e codia parda.

As ponlas dispóñense circularmente arredor do tronco, e as follas son escamosas, aplicadas, moi pequenas, de cor verde clara e cun lixeiro cheiro a limón.

Os conos son globosos e alongados, miden entre 2.5 e 3.5 centímetros e están formados por 8-10 escamas peltadas e mucronadas.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro