Chamaecyparis lawsoniana (Ciprés de Lawson)

Chamaecyparis lawsoniana
Ciprés de Lawson

- Familia: Cupressaceae
- Orixe: nativo da costa do pacífico de Estados Unidos

Árbore que en Europa pode acadar os 30 ou 40 metros de altura, forma unha estreita copa cónica, con brotes que se inclinan cara abaixo. A guía terminal amosarase curvada.

As follas son escamosas, opostas e moi aplicadas ás ramiñas (as lateriais en forma de quilla o que fai que as ponliñas sexan planas), presentan polo envés liñas brancas de estomas en forma de X.

As flores masculinas aparecen nas puntas das ponlas e son de cor vermella.

Os conos femininos teñen un tamaño que oscila entre 0.8 e 1 centímetro e están formados por 8 escamas peltadas, a modo de escudo, en principio son verde azuladas volvéndose pardas ó madurar.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro