Cedrus atlántica "Glauca" (Cedro do Atlas)

Cedrus atlántica "Glauca"
Cedro do Atlas

- Familia: Pinaceae
- Orixe: montañas do Atlas en Arxelia e Marrocos

Árbore de ata 40 metros, de aspecto cónico, coa codia lisa e grisácea que acaba fendéndose lonxitudinalmente.

As follas son aciculares e dispóñense en penachos de 20 a 30, miden de 1 a 3 centímetros de lonxitude.

As piñas son de 5-10 x 3,5 centímetros, co ápice truncado e sitúanse ergueitas nas ponlas. Despois de madurar descámanse, quedando na árbore o eixo do estróbilo. As sementes teñen de 1 a 2 centímetros de lonxitude e unha á difícil de separar.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro