Araucaria araucana (Piñeiro de Chile, araucaria de Chile)

Araucaria araucana
Piñeiro de Chile, araucaria de Chile

- Familia: Araucariaceae
- Orixe: Arauco (Andes chilenos)

Os exemplares adultos miden uns 25 metros teñen toro recto no que se observan as cicatrices das ponlas vellas. Copa máis ou menos cónica, coas ponlas colgantes e os extremos revoltos casa arriba.

As follas, de 3-4 x 1 cm, son puntiagudas, duras, con nervios paralelos e dispostas espiraladas e imbricadas unhas noutras.

Árbore dioica, coas inflorescencias masculinas situadas nas puntas das ponlas, acadando de 6 a 10 centímetros. Conos femininos de 10 a 18 centímetros, de cor verde dourada, madurando ós dous anos.

As sementes son aladas e miden uns 4 centímetros.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro