Aesculus X Carnea (Castiñeiro de Indias Vermello)

Aesculus X Carnea
Castiñeiro de Indias Vermello

- Familia: Hippocastanaceae.

Árbore caducifolia que acada unha altura de 18 a 25 metros.

As follas son opostas, palmaticompostas, con 5 foliolos case sésiles, de cor verde escura e a miúdo enrugadas.

As flores dispóñense en acios de 12 a 20 centímetros, son hermafroditas, con 5 sépalos verdes, 5 pétalos vermellos e 7 estames.

O froito é unha cápsula con grosas paredes tapizadas de espiñas. Ábrese no outono para liberar  as sementes moi parecidas as castañas.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro