Acer pseudoplatanus (Pradairo)

Acer pseudoplatanus
Pradairo

- Familia: Aceraceae
- Orixe: Europa meridional e central

Árbore de follas caducas, opostas, simples, palmatilobuladas, de cor verde escura pola face e algo máis pálida polo envés. Os limbos miden entre 7 e 16 centímetros, son algo máis anchos que longos e teñen bordes dentados. Os pecíolos son longos de cor vermella ou amarelo-rosada.

As flores aparecen en inflorescencias colgantes, son hermafroditas ou unisexuais, con dúas envoltas (pétalos e sépalos) de cor amarela. As flores masculinas teñen 8 estames incurvados e as femininas dous nectarios.

Os froitos son disámaras con ás duns 3 centímetros, que forman un ángulo de aproximadamente 90º.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro