Acer platanoides (Pradairo de Noruega)

Acer platanoides
Pradairo de Noruega

- Familia: Aceraceae
- Orixe: nativo de Europa, dende Noruega cara ó sur, excluíndo as Illas Británicas
- Curiosidade: esta especie é moi rara en Galicia e confúndese moito co Acer pseudoplatanus

Árbore que medra ata 18 ou 20 metros de altura.

As follas son caducas, opostas, simples e pentalobuladas, con dentes no borde. Distínguese ben por ter lóbulos foliares moi puntiagudos  e porque ó cortar o pecíolo bota unha sustancia leitosa branca.

O froito é unha disámara moi aberta , o ángulo é de 180º aproximadamente.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro