Acer negundo (Pradairo de América)

Acer negundo
Pradairo de América

- Familia: Aceraceae
- Orixe: zona central e oriental de Norteamérica

Árbore dioica que pode acadar 12 ou 15 metros de altura.

Follas caducas, opostas, compostas imparipinnadas e pecioladas, xeralmente miden menos de 20 x 15 centímetros. Teñen de 3 a 7 folíolos de borde dentado, os dous da base con pedúnculo curto.

As flores masculinas aparecen en acios de 12 a 16 flores, con só unha envolta floral verde, teñen 4 estames moi longos, con anteras vermellas.

As flores femininas, o mesmo que as masculinas, nacen en acios péndulos de cor verde.

O froito é unha disámara, con ás de 3 ou 4 centímetros que forman un ángulo entre 30º e 160º. Ó igual que as flores dispóñense en acios péndulos.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro