Acer cappadocium (Pradairo de Capadocia)

Acer cappadocium
Pradairo de Capadocia

- Familia: Aceraceae
- Orixe: árbore nativa do Cáucaso, Turquía, Himalaia e China
- Curiosidade: especie pouco cultivada en Galicia

Árbore caducifolia e de rápido crecemento, que chega a acadar unha altura de 25 metros.

Follas simples, opostas, brillantes, con 5-7 lóbulos moi agudos, non dentados nos bordes. Presentan grupos de pelos no envés, nas axilas dos nervios, e toman cor amarela dourada en outono.

As flores son de cor amarela pálida, dispóñense en acios verticais.

Os froitos son disámaras con ás anchas, duns 7 centímetros de longo, que forman un ángulo entre 90º e 120º, rara vez maior.

Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro