
Abies pinsapo
Pinsapo
- Familia: Pinaceae
- Orixe: autóctono de España meridional e Norte de África
Pode alcanzar 25 metros de altura, coas ponlas horizontais. As follas son pequenas, de 0.8 a 1.5 centímetros, tetragonais, de cor verde glauca e dispostas arredor das ramiñas.
Os conos miden de 10 a 15 centímetros, sitúanse ergueitos e pódense presentar solitarios ou en grupos de dous ou máis.
Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro

