
Abies cephalónica
Abeto grego
- Familia: Pinaceae
- Orixe: zona da illa de Cefalonia e do Peloponeso (Grecia)
- Curiosidade: é o abeto que presenta follaxe máis densa o que non é moi frecuente en parques e xardíns
Porte piramidal, xeralmente menor de 25 metros.
As follas dispóñense nas ramiñas de forma radial, miden de 2 a 3 centímetros e teñen punta aguda e punzante. A cara superior das follas é de cor verde brillante, cunha liña branca de estomas no ápice, mentres que a inferior amosa dúas bandas brancas estomáticas.
As piñas son cilíndricas, ergueitas, de cor marrón, miden de 15 a 20 centímetros.
Fonte: Guía botánica Parque Rosalía de Castro

