
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantiña hoxe un encontro co Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para repasar cales son os compromisos que o executivo central mantén co Concello de Lugo.

O Concello de Lugo sumouse esta mañá ás 12.00h, ao minuto de silencio convocado pola FEMP con motivo da fin, na medianoite de hoxe, dos dez días de loito oficial en memoria das vítimas do COVID-19.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu esta maña a Tomás Notario Vacas na casa do Concello. Notario Vacas, foi un dos alcaldes lucenses da etapa democrática que no pasado mes de novembro foi homenaxeado, coa Medalla de Ouro do Concello de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou hoxe, nunha reunión telemática, ás distintas asociacións que traballan cos colectivos vulnerables do municipio as bases do Muramiñae Rehabilita, un Plan de Intervención Socio-Laboral municipal que permitirá desenvolver durante seis meses obras de mellora

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vicepresidenta do Eixo Atlántico, participou hoxe na Comisión Executiva do organismo, que acordou solicitar ao presidente da Xunta na súa condición de presidente da Comunidade de Traballo Galicia- Norte de Portugal, a convocatoria urxente dun plenario do devandit

En 2019 o goberno de Lara Méndez consignou a pasarela sobre a N-VI, os traballos de repintado da sinalización horizontal da cidade, a peonalización de Quiroga Ballesteros e o elevador do Sagrado Corazón.

O Concello de Lugo contará a partir do vindeiro luns, 1 de xuño, cunha nova Relación de Postos de Traballo como paso imprescindible para acometer a modernización da institución local, dentro da segunda gran transformación da administración iniciada co mandato de Lara Méndez.
O Concello de Lugo sumarase mañá, mércores, ao minuto de silencio convocado a nivel estatal no primeiro día de loito oficial, que foi aprobado hoxe no Consello de Ministros como acto de profundo respecto en memoria das vítimas do COVID-19.

O goberno de Lara Méndez solicitará á Xunta de Galicia a cesión dun tramo da estrada LU – 530 entre San Eufrasio e o paseo do Rato, co fin de mellorar a seguridade do tráfico neste punto da capital.

O executivo de Lara Méndez solicitará ao Ministerio de Fomento a cesión do tramo da estrada N-VI, comprendido dentro da zona de actuación da Estratexia DUSI, para a súa integración como vía urbana.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- seguinte ›
- última »