
Animadas polas boas temperaturas e o carácter festivo da xornada, centos de persoas participaron esta mañá nos actos centrais do Domingo das Mozas, no que Lugo cumpriu de novo coa tradición homenaxeando ao traxe galego e a Rosalía de Castro.

Corporacións municipais e veciños reforzaron este sábado os lazos históricos que unen a Lugo e Ferrol na xornada do San Froilán dedicada á cidade Departamental, cando se cumpren 15 anos do irmanamento oficial entre ambos concellos.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a escritora lucense Cristina Corral, presentaron este venres no Salón de Plenos o libro De paseo con Paulo, unha guía infantil de Lugo.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiron este xoves ao II Concurso de polbeiros e polbeiras do San Froilán 2015, que se celebrou durante esta tarde no Mercado Municipal de Abastos de Lugo.

A Alcaldesa, Lara Méndez, participou este xoves na inauguración do Encontro Galaico Astur de Xuíces e Maxistrados que se celebra en Lugo entre hoxe e mañá baixo a temática Medios de Comunicación e Linguaxe Xurídica.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, a presidenta da Asociación Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), Beatriz Varela, e a delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias, presentaron este xoves o evento Comerci-Arte, que terá lugar mañá v

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron este mércores no Salón de Plenos o libro A orixe das festas modernas e contemporáneas, de Adolfo de Abel Vilela.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este luns a tradicional ofrenda floral da Corporación a San Froilán, que tivo lugar ás 12:00 horas na Catedral conmemorando o día do patrón de Lugo.

A Alcaldesa, Lara Méndez, asegurou este luns que, coa destitución de Rocío Mosquera como titular da carteira de Sanidade, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “ratifica o que xa dixemos os lucenses no seu día, danos a razón, cando recriminamos a actitude da Conselleira”, declarada persoa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este sábado ao pregoeiro do San Froilán 2015, Darío Xohán Cabana, que foi nomeado pregoeiro por unanimidade de todos os grupos políticos que forman a Corporación, ao tratarse dunha persoa que “reúne sobradamente os méritos e os requisitos para ofrecer o
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- 221
- 222
- …
- seguinte ›
- última »