Os bombeiros apagaron, hoxe, día 22 ás 6,47 horas, un incendio que se producíu nun vehículo estacionado no garaxe do nº3 da rúa Otero Besteiro.
A rápida intervención dos Bombeiros fixo que o vehículo so quedara danado no motor. O propietario fíxose cargo do turismo siniestrado con matrícula de LU4717T.
Unha patrulla da Policía Local trasladouse o lugar aínda que non foi necesario o desaloxo dos veciños. De momento descoñécense as causas que provocaron o incendio.
Os Bombeiros sufucaron un incendio que se producíu na nave industrial sita na rúa Industria, 41 dedicada a vehículos de transporte de mercancías. Os bombeiros recibiron unha chamada do teléfono de emerxencias 112, ás 23.15 horas do día 8.
A reforma da Lei de Función Pública profesionalizará a Administración, reducirá a temporalidade e introduce medidas sociais
As áreas metropolitanas non detraerán competencias doutras administracións, senón que pensarán no territorio económico
Santiago, 17 de setembro de 2007.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, anunciou hoxe que se decidiu iniciar de inmediato as conversas para que o servizo Contra Incendios e Salvamento de Lugo -o parque de bombeiros- preste servizos de carácter comarcal coa colaboración eco
O Servizo de Bombeiros e os axentes da Policía Local tiveron que desprazarse, hoxe, día 17 durante o turno de noite ós seguintes puntos da cidade onde se rexistraron as seguintes incidencias.
Os Bombeiros levantaron as tapas das arquetas na avda. da Coruña cruzamento coa rúa Ferreiriño para que non se formase balsas de auga na calzada.
Tamén se desprazaron á rúa Miguel de Cervantes, 60 e a rúa Ribadeo aínda que nestes puntos non foi necesaria a súa intervención.
Os Bombeiros foron a retirar unha árbore ás 6.40 horas da mañá, que caeu sobre a variante do río Rato e afectaba á circulación, unha patrulla da Policía Local regulou o tráfico na zona.
Momentos máis tarde, os Bombeiros e a Policía Local trasladáronse ao nº 29 da rúa Estaca de Bares para retirar uns cascotes da fachada deste edificio que da a ronda do Carme. Neste caso foi necesario colocar vallas de protección para os viandantes na zona afectada.
Os bombeiros de Lugo celebraron hoxe a festivadade de San Xoán de Deus, patrón deste Corpo. Como en anteriores anos, o parque de bombeiros realizou unha xornada de portas abertas coa participación dun total de 182 rapaces dos colexios Divino Maestro, Cervantes, Sagrado Corazón e o de Educación Espacial de Santa María.
Os rapaces realizaron distintas actividades apagando lume con extintores, utilizando as mangueiras ou subindo aos vehículos.
O Corpo de Bombeiros do Concello de Lugo realizou un total de 610 saídas durante o ano 2006, segundo explicou hoxe o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira. No 2005 o número de actuacións foi de 536 e no 2004 de 561.
O número máis elevado de chamadas foron referidas a incendios, alcanzando o número de 114. As cociñas das casas, e especialmente ao mediodía, son as que máis emerxencias provocan.
A ronda da Muralla estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba debido ós traballos de derrube dos edificios nº 181, 182, 183 e 184.
O corte farase efectivo o sábado, día 22 ás 7.00 horas e está previsto que os traballos rematen o domingo a última hora. Se por algún imprevisto non deran rematado o domingo o corte farase extensivo ó luns.
A ronda da Muralla no tramo comprendido entre a rúa Deputación e a porta de Santiago estará cortada ó tráfico o mércores día 25 dende as 8.00 e as 21.00 horas.
O corte é debido á instalación dun guindastre na ronda para colocar unhas vigas metálicas na obra de conservación e posta en valor da Muralla Romana e os restos arqueolóxicos anexos ó edificio da Vicerreitoría (praza Pío XII).
A circulación de vehículos da ronda desviarase pola rúa Deputación e ronda do Carme.
Os residentes e usuarios de garaxe poderan acceder os mesmos.
A pista de Bagueixos estará cortada ó tráfico a partir da empresa Desguaces Ceao ata as proximidades do Polígono do Ceao entre as 9.00 e as 20.00 horas por mor dos traballos dunha acometida de auga para unha vivenda.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- seguinte ›
- última »