O Alcalde, José López Orozco, participou hoxe no acto de entrega dun accésit dos premios San Telmo, que convoca o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, ó acondicionamento da marxe dereita do río Miño coa pasarela de San Lázaro.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que se van levar a cabo durante os meses de xullo e agosto na Casa da Xuventude. Os participantes deberán ter entre 14 e 35 anos de idade para poder formar parte destes talleres.

Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Infraestruturas, Zona Rural e Medio Ambiente, Manuel Chaín, xunto coa Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, participaron no acto de posta en marcha da campaña de fomento da recollida sectiva Ti si que reciclas.
Este ano o Feiral funcionará do 4 ó 13 de outubro e haberá novo Comisario
O Alcalde, José López Orozco; a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o representante da Federación de Librarías de Galicia, Antonio Fernández Maira, inauguraron esta tarde a 22º Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo que se celebrará na nosa cidade ata o domingo 21 de xullo.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, pon en marcha un mercadillo de intercambio de libros de texto para o próximo curso que se vai celebrar o luns 8 e o martes 9 de xullo na Casa da Xuventude.
Vanse estudar os tanques de tormenta de Casás e do Sagrado Corazón xunto con outros tres de Madrid, Barcelona e Alacante
Sonia Méndez anuncia que comezan os preparativos para a posta en marcha da páxina web da Praza de Abastos e o Mercado

O Concello de Lugo levou a cabo durante a mañá de hoxe un simulacro de incendio nas escolas infantís Serra de Outes e Gregorio Sanz dentro dun plan de autoprotección que ten como obxetivo coñecer os edificios e as súas instalacións, garantir a fiabilidade dos medios de proteción dispoñibles e das instalacións xerais, evitar as causas de orixen de emerxencias e de dispoñer de persoal organizado e formado que garantice a eficacia nas accións a emprender para o control das emerxencias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1232
- 1233
- 1234
- 1235
- 1236
- 1237
- 1238
- 1239
- 1240
- …
- seguinte ›
- última »