O prazo de inscrición para os establecementos participantes remata o 24 de xullo
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Oscar Engroba, presentaron hoxe o a primeira edición do campus Summer Camp 2013 que organiza esta entidade e que se celebra entre o 22 e o 28 de xullo.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 13 para a cuarta excursión organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 14 de xullo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitaron esta mañá as novas instalacións dos locais municipais para asociacións sociais sitas na rúa Monte Faro 2.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita do Subdelegado de Defensa en Lugo, Ricardo Cuesta Espejo, con motivo da súa despedida do cargo público xa que pasa á reserva do corpo militar. Este Coronel do Corpo de Xenerais das Armas do Exército de Terra viña desenvolvendo a súa labor neste posto dende xullo do ano 2007. O novo Subdelegado de Defensa, o Coronel Ricardo Jesús Suarez Delgado, que procede do Corpo de Infantería da Mariña.

A Concelleira de Cultura e un soldado de Caetra Lucensium recolleron auga do Miño, ó pé da Ponte romana, para mandarlla ó Concello de Guadalcanal que a usará nunha fonte conmemorativa do seu irmandamento coas illas Salomón
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que se vai ampliar ata o venres 12 de xullo o mercadillo de intercambio de libros de texto para o próximo curso.
Desta maneira, cúmprese as solicitudes feitas por moitas familias neste segundo día de mercadillo, para ampliar os días nos que intercambiar libros na Casa da Xuventude.
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, tamén informou dos asuntos máis destacados aprobados esta maña na Xunta de Goberno Local e do que destacou a aprobación definitivia do proxecto de obras na línea de media tensión soterrada que enlaza a subestación de San Cibrao co centro de reparto de As Mercedes. A obra ten un presuposto de 1.613.550 euros e suporá unha importante mellora xa que garante o suministro eléctrico na cidade, no Hula e na nova depuradora.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1231
- 1232
- 1233
- 1234
- 1235
- 1236
- 1237
- 1238
- 1239
- …
- seguinte ›
- última »