
Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobáronse as bases que rexerán no procedemento aberto de licitación para a creación de terrazas na praza de San Marcos, segundo informou a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez.
O obxectivo é reducir o consumo en iluminación pública urbana, que se sitúa en 1,1 millóns de euros ao ano
Nos últimos días comezaron a funcionar co novo alumeado varias zonas da cidade. A execución destas obras fíxose baixo os criterios de acadar unhas boas condicións de seguridade, que non existían, unha redución de potencia, e polo tanto tamén do consumo, e unha redución do número de lámpadas de vapor de mercurio.

A concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, destacou que “o día de hoxe significa a posta en marcha definitiva do Polígono das Gándaras” e reclamou á Xunta de Galiza “incentivos para que as empresas se instalen en Lugo”
A adxudicataria encargada da realización dos traballos é a UTE Esycsa-Etralux tendo un prazo de 3 meses para a súa finalización e posta en marcha

A Muralla romana de Lugo, ademais de ser un monumento único no mundo, foi escollida como referente polo goberno municipal de Valença do Minho para preparar a candidatura da súa fortaleza como Patrimonio da Humanidade que esperan presentar o ano que ven ante a UNESCO. Co obxecto de coñecer de primeira man todo o proceso levado a cabo en Lugo para obter a distinción mundial, unha representación do concello luso achegouse ata Lugo este mércores, 14 de decembro.

PSOE e BNG negan discrepancias na elaboración dos Orzamentos e afirman que as contas para o 2012 son “complexas” porque “os recortes que está a aplicar a Xunta obríganos aos Concellos a facer reestruturacións importantes nas partidas económicas para poder seguir prestando os servizos que prestamos aos cidadáns”

Os traballos consistiron no fresado e renovación do pavimento no tramo comprendido entre Paulo Fabio Máximo á Rúa Pertetuo Socorro, a renovación da sinalización e o repintado dos pasos de peóns
A obra foi executada nun tempo record e contou cun orzamento de 221.000 euros aportados pola Deputación Provincial

A Concellería de Servizos Xerais e Modernización Administrativa, que dirixe Francisco Fraga, continúa a realizar os cursos de formación en novas tecnoloxías nos 21 telecentros rurais do Concello de Lugo. Nas próximas semanas celebraranse cursos nos telecentros de Bocamaos, Camoira, Meilán e Adai.
Só estará permitida a circulación para os buses urbanos e os veciños que residan na zona, para o resto de vehículos haberá desvíos convenientemente sinalizados
O prazo de execución da totalidade da obra, que conta cun orzamento de 221.000 euros, é de 3 meses e afectará a diferentes tramos da Avenida da Coruña, desde Garabolos ata a Rúa Perpetuo

O Concelleiro de Zona Rural, Manuel Chaín, participou, en representación do Alcalde de Lugo, na asemblea na que quedou constituído o Órgano de Participación da reserva Terras do Miño que mantivo o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, cos alcaldes dos concellos que entran dentro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 273
- 274
- 275
- 276
- 277
- 278
- 279
- 280
- 281
- …
- seguinte ›
- última »