O Concello de Lugo arrincará no mes de abril unha nova edición do Festival de Música Cidade de Lugo, coincidindo coa XXXVI Semana do Corpus. O que xa está considerado como o mellor festival de música clásica de Galicia e que conta cun enorme recoñecemento a nivel nacional, foi presentado hoxe pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo; o Director do Festival, Víctor Carou, e o representante da entidade colaborada Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
Esta edición do festival, arrica o sábado 12 de abril co concerto da Real Filharmonía de Galicia, ás 20:30 horas no Círculo das Artes.
David Cierco destacou o liderazgo neste campo de López Orozco e o esforzo da Deputación de Lugo
O Director Xeral en funcións da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, David Cierco, anunciou na clausura da xornada “Mellores Prácticas no uso das TIC no Ámbito Municipal” celebrada este venres no Centro de Empresas e Innovación que Lugo é a cidade favorita para ser o núcleo en Galicia da rede de cidades innovadoras.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, contaron cunhas convidadas de excepción para lembrar aos lucenses que mañá é o Día Mundial do Teatro: as actrices Mela Casal -a alcaldesa da serie Mareas Vivas- e Gloria Ferreiro.
López Orozco explicoulles a “aposta forte que fai o Concello para a formación teatral e tamén para a programación continuada de obras de teatro”.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, presentou hoxe algunhas das novidades que rodearán o Arde Lucus deste ano 2008. Carmen Basadre explicou que “Lucus arderá de novo os días 20, 21 e 22 de xuño, con numerosas actividades que transformarán a cidade e farán que recupere a imaxe do seu pasado romano”.
Ao longo de tres días a cidade de Lugo acollera actos a todas horas polas principais rúas e prazas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Embaixador Especial do Ano de España en China, Pablo Bravo Lozano, e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, presentou a diferentes representantes sociais, políticos e económicos da cidade de Lugo a Memoria que recopila os actos que tiveron lugar ao longo do ano 2007 con motivo da celebración do ano de España en China.
Esta presentación, a primeira en toda España, faise en Lugo, coa aprobación do Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, xa que a cidade ocupa un lugar especial nesta recopilación conmemorativa.
O p
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Embaixador Especial do Ano de España en China, Pablo Bravo Lozano, presentaron a Memoria do que supuxo o Ano de España na República Popular China e na que se dedica un apartado especial ao irmanamento simbólico da Muralla de Lugo coa Gran Muralla China en outubro do ano pasado.
López Orozco explicou que o protagonismo de Lugo nesta recopilación de acontecementos débese “sen dúbida a Pablo Bravo, un lucense de pro que quixo que Lugo tivese protagonismo a través da súa muralla nun ano tan importante para España e nun país emerxente e en crecemento
A Semana Santa lucense rematou rexistrando un aumento do número de turistas que se achegan á cidade nestas datas e confirma as previsións do Concello de Lugo con respecto a consolidación destas festas como un atractivo turístico de referencia en Galicia.
Durante esta semana festiva, a Oficina Municipal de Turismo recibiu a 1.800 turistas, o que supón un incremento do 20% con respecto a cifra rexistrada o ano pasado.
Con motivo da celebración da Semana Santa, a Oficina Municipal de Turismo, situada na praza da Constitución, ampliará o seu horario de atención ao público nunha hora.
Esta noite de venres darán comezo os actos relixiosos de celebración da Semana Santa lucense coa celebración do Vía Crucis pola Muralla, a partir das 20:30 horas, que partirá dende a Praza de Santa María.
Como manda a tradición, os participantes levarán velas acesas e gardarán absoluto silencio durante todo o percorrido.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco, inauguraron hoxe o hotel monumental construído no Pazo de Orbán e Sangro.
O espazo construído en pleno centro histórico da cidade completa a oferta hostelera lucense e forma parte da remodelación que os últimos anos se está levando a cabo no burgo vello de Lugo.
A Concelleira de Cultura indicou que “se trata dunha expléndida recuperación do edificio e que é unha mostra da importancia que ten
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 468
- 469
- 470
- 471
- 472
- 473
- 474
- 475
- 476
- …
- seguinte ›
- última »