A feira de artesanía Arte Nadal pecha mañá, venres, víspera do día de Reis, as súas portas. Esta convocatoria está organizada pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, e a asociación Artimaña.
Segundo as estimacións da organización, esta quinta edición remata cun balance positivo, con incremento de vendas e de público respecto ao ano pasado.
A feira abriuse ao público o pasado 16 de decembro nunha carpa situada na praza da Soidade con cabida para 20 artesáns.
O xurado do I Concurso de Carteis de Entroido 2007 reuníuse esta mañá na Casa Consistorial para seleccionar o cartel gañador desta primeira edición. O faio foi emitido ás 13:45 horas, tras case unha hora de deliberación, declarando gañador ao cartel titulado “Manos negras”. O autor da obra galardonada é Víctor Gómez González, un alumno da Escola de Arte Superior e Deseño Ramón Falcón da cidade, que recibirá o premio de 600 euros.
O Alcalde Lugo, José López Orozco, prologou esta mañá na Galería Sargadelos a presentación ante a prensa do libro Maestros de la República, da escritora María Antonio Iglesias.
Esta autora publicou recientemente este traballo co que se tenta dignificar a memoria dos moitos mestres que foron executados durante a guerra e a postguerra e que procedían da República.
Durante a presentación, o Alcalde apoiou o traballo de investigación e dignificación realizado por María Antonia neste libro.
O luns comeza a venda de entradas individuais para a sétima edición da Mostra de Teatro Clásico, que se densenvolverá en Lugo entre o 29 de xaneiro e o 5 de febreiro. A venda de bonos para todas as representacións rematou o venres.
A cidade contará durante pouco máis dunha semana con sete representacións, todas elas no marco do Auditorio Gustavo Freire, a partir das oito e media da tarde.
A cabalgata de reis será o acto central do programa das festas de Nadal que elabora a Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo.
A cabalgata terá lugar o venres, día cinco, a partir das cinco e media da tarde. Manterá o seu percorrido habitual con saída do parque da Milagrosa e chegada á praza maior sobre as 18:45 horas.
A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, pecha o luns o prazo de participación no I Concurso de Carteis Entroido 2007, aberto a todas as persoas que o desexen.
Segundo as bases establecidas para esta convocatoria, cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre. O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.
Lugo estrea concurso de carteis coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión.
A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, mantén aberto o prazo de participación no I Concurso de Carteis Entroido 2007, aberto a todas as persoas que o desexen.
Segundo as bases establecidas para esta convocatoria, cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre. O premio está dotado con 600 euros e o xurado vai estar composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.
Lugo estrea concurso de carteis coa fin de enfatizar estas festas e aumentar a súa difusión.
Mañá, venres, remata o prazo para mercar os bonos que permiten o acceso a todas as películas da sétima edición da Mostra de Teatro Clásico, que se densenvolverá en Lugo entre o 29 de xaneiro e o 5 de febreiro.
A cidade contará neste prazo con sete representacións, todas elas no marco do Auditorio Gustavo Freire a partir das oito e media da tarde.
O programa de Nadal elaborado pola Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo, acolle mañá, mércores, ás oito e media, o concerto de Aninovo, coa Johann Strauss Ensemble, no Círculo das Artes, dentro do convenio cultural entre Caixanova e o Concello de Lugo. Nesta ocasión, a orquestra contará coa presencia do solista ao violín Russell MacGregor, que tamén dirixirá ao conxunto. Na cítara estará Wilfried Scharf.
A Johann Strauss Ensemble foi fundada por músicos da Orquestra Bruckner de Linz no 1985.
O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolle hoxe a presentación do libro Catro relatos do VIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 464
- 465
- 466
- 467
- 468
- 469
- 470
- 471
- 472
- seguinte ›
- última »