Listado provisional das solicitudes do Plan Reanima Lugo

Código: 
Covid-19
Presentación: 
Presencial
Online
Descarga

Ante a crise do COVID 19, o Goberno de Lara Méndez activou o Plan Reanima Lugo co fin de inxectar axudas directas, cun orzamento de 5 millóns de euros, a autónomos, microempresas, pemes e familias para aportarlles liquidez e que poidan facer fronte aos gastos e intentar protexer os postos de traballo.

Inclúe dúas liñas principais:

  1. Medidas de axuda ao impulso económico e de protección do emprego
  2. Medidas de axuda á conciliación da vida familiar e laboral por situacións derivadas do COVID 19

Consulte aquí, nos listados de carácter provisional, se vostede é un dos beneficiarios do Plan e confirme que toda a documentación presentada é correcta.  (Podes buscar a túa solicitude atendendo ao orde numérico do teu DNI /NIE/ CIF):

Podo alegar?

  • Si, dispón de 5 días hábiles (dende o día 12 xuño ata o xoves 18, ambos os dous días incluídos) para presentar alegacións e /ou presentar a documentación requerida

Como podo alegar ou presentar a documentación requerida?

  • A través da sede electrónica do Concello ou do Estado, tal e como se establece nas bases das axudas. Prema aquí, para acceder á sede electrónica

Non aparecen os teus datos nos distintos listados?

  • Presenta tamén unha alegación ao respecto

Directorio