El Concello de Lugo renueva el parque infantil de Aquilino Iglesias Alvariño en el marco de las actuaciones de mejora y mantenimiento de los espacios de ocio de la ciudad

O Goberno local destina máis de 67.000 euros anuais ao mantemento das áreas infantís e biosaudables do municipio.

O contrato municipal permite actuar de forma continua en preto de 80 espazos, garantindo a súa conservación e mellora.

“Manter en bo estado os espazos públicos tamén é unha forma de coidar a cidade, garantindo lugares seguros e de calidade para o uso diario da veciñanza”, destaca Miguel Fernández.

Viernes, 24 de abril de 2026
Fuente: 
Gabinete de Prensa
El Concello de Lugo renueva el parque infantil de Aquilino Iglesias Alvariño en el marco de las actuaciones de mejora y mantenimiento de los espacios de ocio de la ciudad

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitou o parque infantil de Aquilino Iglesias Alvariño, onde o Concello vén de completar unha actuación de mellora que permitiu renovar e optimizar as condicións de uso desta área de lecer.

“Estamos a falar dun espazo cun uso moi intenso, que forma parte do día a día de moitas familias, e no que era necesario intervir para mellorar tanto o seu estado como as condicións de seguridade. Este tipo de actuacións son as que marcan a diferenza no funcionamento da cidade”, sinalou o rexedor.

Os traballos realizáronse ao abeiro do contrato municipal de mantemento das áreas infantís e biosaudables, que abrangue arredor de 80 espazos en todo o municipio e que permite desenvolver intervencións continuas de conservación, reposición de elementos e mellora das instalacións, garantindo un seguimento permanente do estado destes espazos.

No caso concreto de Aquilino Iglesias Alvariño, a actuación permitiu actuar sobre distintos elementos da área de xogos, incluíndo a reparación e substitución de compoñentes deteriorados, a posta a punto das estruturas existentes e a mellora das condicións de seguridade e estabilidade dos xogos. Así mesmo, realizáronse intervencións orientadas a optimizar o pavimento e a contorna do parque, favorecendo un uso máis seguro, accesible e adaptado ás necesidades actuais das crianzas.

Estas actuacións complétanse coas tarefas habituais de mantemento, como a revisión periódica dos elementos de xogo, a reposición de pezas e a adecuación das instalacións á normativa vixente, aspectos clave para garantir a durabilidade e o correcto funcionamento destas áreas de lecer.

“Detrás de cada parque hai un traballo constante de revisión, mantemento e mellora. Non se trata só de facer novos espazos, senón de asegurar que os existentes se manteñan en condicións óptimas e sigan sendo útiles co paso do tempo”, subliñou Fernández.

Durante os últimos anos, o Concello vén desenvolvendo unha liña de actuación continuada nos parques infantís da cidade, combinando novas dotacións con intervencións de mellora e renovación en áreas xa existentes, co obxectivo de ofrecer espazos máis seguros, accesibles e de maior calidade, adaptados ás esixencias actuais en materia de seguridade e uso público.

O Goberno local continúa así reforzando o coidado e a posta en valor dos espazos públicos, entendendo que forman parte esencial da calidade de vida nos barrios e da convivencia no día a día da cidade.

Multimedia

  • El Concello de Lugo renueva el parque infantil de Aquilino Iglesias Alvariño en el marco de las actuaciones de mejora y mantenimiento de los espacios de ocio de la ciudad
  • El Concello de Lugo renueva el parque infantil de Aquilino Iglesias Alvariño en el marco de las actuaciones de mejora y mantenimiento de los espacios de ocio de la ciudad

Noticias relacionadas