El área de Bienestar oferta 120 plazas para favorecer la conciliación familiar en el Nadal a través de la programación de las Aulas Abiertas

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes do 13 ao 15 de decembro, de xeito presencial ou a través do enderezo electrónico aulasabertas@lugo.gal

As actividades, dirixidas a crianzas de 3 a 12 anos de idade, terán lugar nos centros de convivencia Uxío Novoneyra, Maruja Mallo e Lamas de Prado.

Jueves, 09 de diciembre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
El área de Bienestar oferta 120 plazas para favorecer la conciliación familiar en el Nadal a través de la programación de las Aulas Abiertas

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Benestar Social que dirixe a concelleira Olga López Racamonde, ofrecerá este próximo Nadal un total de 120 prazas para favorecer a conciliación durante o Nadal.

As familias interesadas en acollerse á programación das Aulas Abertas poderán presentar a súa solicitude entre o 13 e o 15 de decembro, ben de xeito presencial – entre as 09:00 e as 13:00 horas no centros de convivencia Uxío Novoneyra e Lamas de Prado, ben a través do enderezo electrónico aulasabertas@lugo.gal para o que poden descargar as instancias correspondentes, a partir do mesmo luns, na páxina web do Concello de Lugo: www.concellodelugo.gal, dentro do apartado Animación Sociocultural (http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-animacion-sociocultural).

As actividades, dirixidas a crianzas de entre 3 e 12 anos de idade, terán lugar nos Centros Cívicos Uxío Novoneyra, Maruja Mallo e Lamas de Prado en dúas quendas: unha primeira enmarcada no mes de decembro (do día 27 ao 30), e unha segunda para o 3, 4 e 5 de xaneiro.

“As accións se desenvolverán en pequenos grupos, cun máximo de 20 prazas en cada un, co obxectivo de garantir a seguridade das nenas e nenos participantes e de acordo cos protocolos e recomendacións sanitarias en vigor, de aí tamén o aforo establecido”, explicou Olga López quen referiu, alén, que a vontade do programa “non é outra que a de facilitar que as familias poidan compatibilizar as súas obrigas laborais cos períodos non lectivos dos seus fillos e fillas, propoñendo unha alternativa lúdica e de ocio para a rapazada coa que poderán non só ocupar o seu tempo libre, senón tamén desfrutar del, socializar e aprender en espazos seguros”, sinalou a concelleira.

As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición e o listado de persoas admitidas publicarase o día 17 de decembro. A matrícula deberá formalizarse entre os días 20 e 21 de decembro, cubrindo o formulario modelo 603 de pago de taxas (http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603) efectuando o abono da mesma e entregando o xustificante no centro de convivencia correspondente.

Audio

Noticias relacionadas