Cultura colabora con el 33 aniversario de Achádego Teatro

O Auditorio Municipal acollerá a gala de aniversario do grupo teatral lucense, onde se interpretará unha nova obra, Novo Amencer

A gala terá lugar o vindeiro venres 10 de decembro a partir das 20:30, e os beneficios das entradas adicaranse ás persoas damnificadas pola erupción do volcán da Palma

Domingo, 05 de diciembre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Cultura colabora co 33 aniversario de Achádego Teatro

Lugo, 05 de decembro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou xunto con integrantes de Achádego Teatro a gala polo 33 aniversario do grupo teatral local, coa que colabora o Goberno de Lugo a través da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

 

A gala do 33 aniversario de Achádego Teatro terá lugar o vindeiro venres, 10 de decembro, a partir das 20:30 no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Nesta ocasión representarán unha obra propia do grupo, unha atolada e aceda comedia chamada Novo amencer, unha divertida crítica e reflexión aquilo que nos move e fai que sigamos a segundo que líderes.

Os beneficios da venda das entradas serán destinados integramente ás persoas damnificadas pola erupción do volcán Cumbre Vieja en La Palma.

As entradas da gala teñen un prezo de 5 euros e pódense conseguir a través da web https://kadelica.com/ ou na billeteira do auditorio o propio día 10, unha hora e media antes do inicio da gala.

Novo amencer

Unha comedía que fala do perdidos que estamos, de falsos dogmas e gurús de medio pelo. Unha farsa en 3 actos que fala da nosa sociedade e do que somos, de como precisamos seguir a alguén e sentirnos parte de algo así teñamos que traizoar a razón mesma. Un divertimento co que pararse a reflexionar.

Noticias relacionadas