Comienzan a desmontar el puesto de información turística de la Plaza Mayor

Maite Ferreiro destacou que “este punto de información permítenos aumentar a cantidade de turistas que reciben información á súa chegada a Lugo”
 
Durante as campañas de verán e San Froilán, o punto de información da praza Maior atendeu a 17.880 persoas
Domingo, 24 de octubre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Comeza a desmontaxe do posto de información turística da praza Maior

Na mañá de hoxe comezou a desmontaxe do punto de información turística da praza Maior. Maite Ferreiro destacou a importancia deste punto, ”que nos permite aumentar ano tras ano a cantidade de visitantes que reciben información turística á súa chegada a Lugo para mellorar a súa estancia na cidade”.

Durante as campañas de verán e San Froilán, o punto de información turística atendeu en total a 17.880 persoas, “unha cifra que evidencia que o sector turístico está a recuperarse e que estamos a posicionar a Lugo como un destino turístico de calidade, destacando a nosa posición estratéxica como centro do turismo na Galiza, ademais de poñer en valor o gran patrimonio histórico e cultural co que contamos”.
 
Entre os visitantes que se achegaron ás distintas instalacións turísticas, destacan os procedentes do resto de Galiza, ademais das principais zonas do estado como Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Francia, Portugal, Reino Unido e Alemaña son os países con máis turistas estranxeiros rexistrados nas estatísticas municipais, onde hai rexistros de turistas de distintos países de todo o mundo.
 

Noticias relacionadas