El programa municipal ‘Teatro do Barrio’ termina el curso con tres representaciones a cargo de otros tantos grupos que favorecen las actividades inclusivas e intergeneracionales

As obras terán lugar os días 27 de maio e 2 e 4 de xuño, todas elas ás 19.00 horas. As dúas primeiras funcións celebraranse no centro de Fingoi e a última no Uxío Novoneyra. 

Domingo, 03 de mayo de 2026
Fuente: 
Gabinete de Prensa
El programa municipal ‘Teatro do Barrio’ termina el curso con tres representaciones a cargo de otros tantos grupos que favorecen las actividades inclusivas e intergeneracionales

A área de Cohesión Social do Concello de Lugo organiza tres representacións coas que outros tantos grupos de teatro de afeccionados rematarán o curso desta actividade, incluída na programación municipal de actividades socio culturais. As persoas que participaron no denominado ‘Teatro do Barrio’ decidiron promover unha función coa que poñer o peche a este curso e ao bo resultado dunha iniciativa na que chegáronse a formar tres grupos dunhas 15 persoas, nos centros de convivencia da Milagrosa, Fingoi e Uxío Novoneyra.
 
A primeira función, a cargo do grupo de teatro do centro de convivencia da Milagrosa, terá lugar o vindeiro día 27 de maio, no centro social de Fingoi, coa representación da obra ‘Bon Será’. O grupo teatral de Fingoi actuará neste mesmo centro coa obra ‘pintando cousas’, baseada en ‘Cousas’ de Castelao, o próximo 2 de xuño, mentres que o día 4 está prevista a representación dos integrantes do grupo do Uxío Novoneyra, nestre mesmo centro de convivencia. Todas as representacións comezarán ás 19.00 horas e a súa entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
 
O ‘Teatro do Barrio’ retomouse este curso, dentro da programación 2025-2026, que contiña unhas 30 propostas, moitas das cales tiñan o obxectivo de promover actividades interxeracionais e inclusivas, como é o caso do teatro. O éxito deste ano demostrouse coa alta participación e con inscritos e inscritas de diferentes perfís, desde mozos e mozas, xente adulta e da terceira idade, e tamén a persoas con discapacidade intelectual que lograron integrarse neste grupo teatral. De feito, a representación destas funcións teatrais non estaban previstas na programación do curso, pero os propios integrantes dos grupos de teatro decidiron que era a forma máis adecuada de pechar esta actividade, o que tamén do seu nivel de implicación.
 
O ‘Teatro do Barrio’ foi unha das aproximadamente 30 actividades que puxo en marcha o pasado outubro a área de Cohesión Social do Concello, con 2.000 prazas dispoñibles para tomar parte en actividades interxeracionais, coas que promover o ocio activo entre a mocidade e as e os maiores, para impulsar un tempo de lecer produtivo e enriquecedor, ao tempo que contribúese a un ocio saudable, divertido e positivo a todos os niveis.

+INFO

Multimedia

  • El programa municipal ‘Teatro do Barrio’ termina el curso con tres representaciones a cargo de otros tantos grupos que favorecen las actividades inclusivas e intergeneracionales

Noticias relacionadas