Os Campeonatos de Billar de Lugo abren as súas portas de novo no Palacio de Feiras e Congresos

Martes, 01 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

II Open Internacional de Billar Pool, Cidade de Lugo
IX Campeonatos de España de Billar 2008

Ás 12:00 horas tivo lugar a Inauguración Oficial dos IX Campeonatos de España de Billar Pool e do II Open Internacional Cidade de Lugo.  Foi un desfile similar ao de unhas olimpiadas no que representantes de todos os países e comunidades autónomas españolas desfilaron coas suas bandeiras, amenizados pola Banda de Gaitas Atalaya do Concello de Navia de Suarna.

Á inauguración asistiron Carmen Basadre, Concelleira da Área de Muller, Benestar Social e Xuventude do Concello de Lugo; Ramón Cortés, delegado en Lugo da Consellería do Medio Rural; Tino López, Xefe do Servizo de Deportes da Consellería de Cultura e Deporte; Jesús Otero, Subdelegado do Goberno de Lugo; e Antón Veiga, deputado da Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo.

Tras a inauguración, ás 13:00 deu comenzo a competición oficial dos Campeonatos de España.

Máis información: http://www.confederacionpool.com/

Noticias relacionadas