Lugo será sede, a próxima semana, do Campionato Galego Júnior e Absoluto de Inverno de Natación

A competición terá lugar na Piscina Municipal de Frigsa do 28 a 30 de decembro.

A celebración da proba en dependencias municipais obrigará a manter pechadas ao uso público eses días as instalacións.

 
Mércores, 20 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo será sede, a próxima semana, do Campionato Galego Júnior e Absoluto de Inverno de Natación

Lugo acollerá do 28 ao 30 de decembro o Campionato Galego Júnior e Absoluto de Inverno de Natación.

A competición, que terá lugar na Piscina Municipal de Frigsa en sesións de mañá e tarde, está organizada polo Club Natación Portamiñá de Lugo.

Ao acto de presentación da proba acudiron o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, o vicepresidente da Deputación Efrén Castro e o xefe de servizo de Deportes da Xunta de Galicia alén do vicepresidente da FEGAN e presidente do CN Portamiñá, Fernando Timiraos e o vicepresidente do CN Fluvial de Lugo, Luis Gregorio Ramos.

Por mor da celebración do campionato, durante esas xornadas, 28, 29 e 30 de decembro, a piscina cuberta de Frigsa permanecerá pechada ás persoas usuarias e participantes nos cursos municipais de natación.

O servizo de Deportes lamenta as molestias ocasionadas e indica que, como contraprestación, a piscina das Pedreiras incrementará o seu horario unha hora cada xornada, abrindo ás 07:00 horas tanto o xoves como o venres.

Noticias relacionadas