Paula Alvarellos reúnese no Concello co piloto lucense Jorge Prado na previa da disputa do Campionato Nacional de Motrocrós en Lugo

Venres, 23 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe no Concello ao piloto lucense Jorge Prado na previa da disputa do Campionato Nacional de Motrocrós en Lugo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, reuniuse este venres na Casa Consistorial co piloto lucense Jorge Prado, na xornada previa á disputa do Campionato Nacional de Motocrós que se celebrará mañá, sábado, no circuíto municipal de Teixeiro. Alvarellos trasmitiulle os mellores desexos ao piloto para a tempada que comeza, sendo a de Lugo a primeira e única proba que disputará Prado antes do comezo do Mundial en Arxentina, en dúas semanas.

Así mesmo, a rexedora convidou á veciñanza de Lugo a disfrutar do evento, que servirá, ademais, para homenaxear ao piloto polo título mundial conseguido a pasada tempada. “Por segundo ano consecutivo a nosa cidade acollerá a competición raíña do motocrós nacional e queremos que sexa toda unha festa”, subliñou Alvarellos, quen lembrou que “isto é posible grazas á iniciativa municipal de crear este circuíto, que xa é un referente internacional, pois en menos de tres meses tamén acollerá unha proba do Mundial”.

Jorge Prado, acompañado da alcaldesa e o concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, fixo entrega das entradas aos gañadores do concurso promovido polo Concello para asistir á cita de mañá que constará de competicións nas tres clases superiores do campionato, MX1, MX2 e 125 c.c, e na que participarán os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional.

Multimedia

  • Paula Alvarellos recibe no Concello ao piloto lucense Jorge Prado na previa da disputa do Campionato Nacional de Motrocrós en Lugo
  • Paula Alvarellos recibe no Concello ao piloto lucense Jorge Prado na previa da disputa do Campionato Nacional de Motrocrós en Lugo

Noticias relacionadas