Paula Alvarellos oficializa a toma de posesión da novo interventor municipal

“O teu labor é capital na xestión desta Administración local, polo que estás chamado a desenvolver un papel de gran valor para o noso municipio. Queremos agradecer o teu compromiso con Lugo”, sinalou a alcaldesa.

Martes, 26 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos oficializa a toma de posesión da novo interventor municipal

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo delegado da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, efectivizou esta mañá a toma de posesión do novo interventor municipal, Luis Ramón Vázquez Parga. O novo habilitado nacional é natural de Lugo e desde 2020 exercía como viceinterventor de clase primeira no Concello de Ferrol. Arexedora deu a benvida ao funcionario de carreira e alavou a súa tarxectoria municipal. “Estou segura de que serás moi ben acollido por todos os traballadores e traballadoras deste Concello, que é a túa nova casa. Sen dúbida o labor dun interventor é capital na xestión local e estás chamado a desenvolver un papel de gran valor para o noso municipio. Queremos agracer o teu compromiso coa nosa cidade”, sinalou a alcaldesa durante o acto.

“É un pracer poder incorporar ao equipo de traballo municipal a unha persoa avalada cunha traxectoria como a que presenta Luis”, engadiu Alvarellos Fondo. Vázquez Parga conta cunha dilata experiencia na administración local, antes de ocupar o seu posto no municipo ferrolán exerceu tamén como interventor nos concellos de Ribadeo, entre 2013 e 2020, e en Foz, entre o ano 2007 e 2013. As súas pimeiras funcións como servidor público desenvolveunas en Cantabria onde traballou en Santillana de Mar e Santa María de Cayón.

O novo interventor municipal é Licenciado en Administración e Dirección de empresas pola USC e posue un master en Auditoría Pública, pola Universidade de Castela A Mancha. É habilitado nacional desde o ano 2004 e no ano 2012 accedeu á ascala de intervención-tesourería con categoría superior.

Multimedia

  • Paula Alvarellos oficializa a toma de posesión da novo interventor municipal
  • Paula Alvarellos oficializa a toma de posesión da novo interventor municipal

Noticias relacionadas