Paula Alvarellos recibe na Casa Consistorial ao xornalista e analista político Fernando Ónega

Venres, 19 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe na Casa Consistorial ao xornalista e analista político Fernando Ónega

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu este venres na Casa Consistorial ao xornalista e analista político Fernando Ónega, natural de Mosteiro (Pol). Ónega foi director de prensa da Presidencia do Goberno de Adolfo Suárez e autor de gran parte dos seus discursos. Como xornalista traballou e colaborou en distintos medios tanto de prensa escrita, como de radio e televisión.

Alvarellos agradeceu a súa contribución ao xornalismo ao longo dos últimos 50 anos e destacou o seu papel como comunicador e analista político, sendo un dos personaxes destacados da Transición española. Durante o encontro, a rexedora e o histórico xornalista conversaron e trataron diversos temas de actualidade.

Multimedia

  • Paula Alvarellos recibe na Casa Consistorial ao xornalista e analista político Fernando Ónega

Noticias relacionadas