A rexedora, Paula Alvarellos, mantén o seu primeiro encontro institucional coa presidenta do COAG en Lugo

Mércores, 21 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A rexedora, Paula Alvarellos, mantén o seu primeiro encontro institucional coa presidenta do COAG en Lugo

A rexedora, Paula Alvarellos, mantivo un encontro este mércores no Concello coa presidenta do COAG en Lugo, Carmen Figueiras. Trátase da primeira visita insitucional que realiza a representante da delegación lucense do Colexio de Arquitectos de Galicia á Casa Consistorial, trala toma de posesión de Alvarellos como alcaldesa. Durante a reunión acordaron unha colaboración fluída, constante e programada entre o colectivo dos arquitectos e a administración local.

Noticias relacionadas