Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Paula Alvarellos reúnese no Concello co piloto lucense Jorge Prado na previa da disputa do Campionato Nacional de Motrocrós en Lugo

Paula Alvarellos reúnese no Concello co piloto lucense Jorge Prado na previa da disputa do Campionato Nacional de Motrocrós en Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes
Venres, 23 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe no Concello ao piloto lucense Jorge Prado na previa da disputa do Campionato Nacional de Motrocrós en Lugo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, reuniuse este venres na Casa Consistorial co piloto lucense Jorge Prado, na xornada previa á disputa do Campionato Nacional de Motocrós que se celebrará mañá, sábado, no circuíto municipal de Teixeiro. Alvarellos trasmitiulle os mellores desexos ao piloto para a tempada que comeza, sendo a de Lugo a primeira e única proba que disputará Prado antes do comezo do Mundial en Arxentina, en dúas semanas.

Así mesmo, a rexedora convidou á veciñanza de Lugo a disfrutar do evento, que servirá, ademais, para homenaxear ao piloto polo título mundial conseguido a pasada tempada. “Por segundo ano consecutivo a nosa cidade acollerá a competición raíña do motocrós nacional e queremos que sexa toda unha festa”, subliñou Alvarellos, quen lembrou que “isto é posible grazas á iniciativa municipal de crear este circuíto, que xa é un referente internacional, pois en menos de tres meses tamén acollerá unha proba do Mundial”.

Jorge Prado, acompañado da alcaldesa e o concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, fixo entrega das entradas aos gañadores do concurso promovido polo Concello para asistir á cita de mañá que constará de competicións nas tres clases superiores do campionato, MX1, MX2 e 125 c.c, e na que participarán os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/paula-alvarellos-recibe-no-concello-ao-piloto-lucense-jorge-prado-na-previa-da-disputa-do