O Corre con Nós celebra este sábado a primera proba do circuito

Jorge Bustos informou que “contaremos con atletas procedentes de ata 25 municipios diferentes de toda a comunidade autónoma”.

Desde hoxe e ata o mesmo dia da proba, as persoas participantes poderán recoller o seu dorsal e o seu chip na tenda oficial do evento, Inter Sport Lugo.

Os horarios e distancias das probas están aloxados con toda a informacion na web do circuito: https://correconnos.com/es/web/evento/2678/

Xoves, 08 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Corre con Nós celebra este sábado a primera proba do circuito

O Circuito Larsa Corre Con Nós 2024 celebrará este sábado, 10 de febreiro, a súa primera proba, cunha carreira noctura que dará comezo ás 20:00 horas. A Concellería de Deportes e Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, acordou retrasar o seu inicio para que os pequenos e maiores poidan participar do concurso de disfraces que terá lugar ese mesmo dia.

“Así, unha vez rematado, poderán vir celebrar as súas probas atléticas incluso disfrazados e caracterizados, co obxectivo de engadir a esta festa do deporte unha nota de alegria e cor a esa noite”, explicou o concelleiro. Os horarios e distancias das probas están aloxados con toda a informacion na web do circuito: https://correconnos.com/es/web/evento/2678/

Así mesmo, xa está dispoñible a recollida dos dorsais e chips para os inscritos na tenda colaboradora Inter Sport (Rúa Aguirre),  durante todo o venres e sábado no seu horario comercial. Jorge Bustos destacou que “para esta proba teremos atletas procedentes de ata 25 municipios diferentes de toda a comunidade autónoma”.

As vías afectadas polos cortes de tráfico fundamentalmente estarán comprendidas:

  • A partires das 12:00 h ata as 23:00 h tramos da Avenida de Ramón Ferreiro anexa á Praza de Horta do Seminario para proceder á montaxe da infraestructura de saída e meta da proba.
  • 19:30 a 21:30 tramos das probas que afectan a:
    • Avenida Ramón Ferreiro, desde Anxo López Pérez ata a rotonda da ancora con Marina española.
    • Avenida Rodriguez Mourelo ata a praza de Avilés.
    • Afectando á Rúa Vilalba e a Rúa Anxo Lopez Perez.

Todos os chegados á liña de meta disporán de avituallamiento que correrá, un ano máis, a cargo de Coca Cola e do patrocinador principal do circuito Larsa que con esta tempada xa nos acompaña por 16º ano consecutivo.

Todos/as os/as aqueles/as que se queiran animar a participar neste circuito e que non se apuntaran para esta proba, poderán facelo gratuitamente a partires do domingo, 11 de febreiro, accedendo á paxina web do circuito, que este ano cumpre a súa 22ª edición. A segunda proba será o vindeiro 3 de Marzo no C.C. As Termas. Toda a informacion atópase en: https://correconnos.com/

Noticias relacionadas