O deporte protagoniza un ano máis o programa de actos do San Froilán

Trátase dun total de 25 citas deportivas de máis dunha vintena de modalidades diferentes, entre as que se atopa o tenis, piragüismo, ciclismo, tiro con arco, pádel, baloncesto, rugby, voléibol, beísbol, hóckey, golf, judo, boxeo ou fútbol

A Gala do Deporte, na que se premiará por noveno ano o deporte lucense, celebrarase o xoves, 8 de outubro no auditorio municipal Gustavo Freire a partir das 20:30 horas

Xoves, 17 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes e Infraestruturas Urbanas, José Manuel Díaz Grandío, deu a coñecer este xoves as actividades deportivas que compoñen o programa do San Froilán 2015. Trátase dun total de 25 citas deportivas de máis dunha vintena de modalidades diferentes, entre as que se atopa o tenis, piragüismo, ciclismo, tiro con arco, pádel, baloncesto, rugby, voléibol, béisbol, hóckey, golf, judo, boxeo ou fútbol, entre outros.

“O San Froilán non soamente é o feiral e a festa, senón que tamén é unha cita deportiva na que se reúnen uns 2.000 deportistas, dende os base aos de élite e de recoñecida traxectoria”, sinalou o edil, quen lembrou que o deporte sempre tivo un importante oco nestes festexos declarados de Interese Turístico Galego e Nacional.

“A cidade comezará a vivir a festa do deporte o 26 de setembro, co VI Torneo Internacional San Froilán Cidade de Lugo”, anunciou Díaz Grandío ao tempo que avanzou que as actividades deportivas se desenvolverán ata o 12 de outubro en 8 instalacións deportivas municipais, nas pistas de tenis cubertas de Frigsa, no polideportivo Daniel Cordido, nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera, no pavillón municipal, no campo municipal Germán López Díaz, no polideportivo Casa do Deporte, no polideportivo O Pombal e no campo municipal da Cheda, así como no Club fluvial de Lugo, no Club Pádel Hotel Santiago, no Pazo Universitario de Deportes, no Pazo Provincial dos Deportes, en Pool Bar Tiempos Modernos, no campo de golf de Lugo, no Real Aero Club de Lugo e nas rúas da cidade.

Díaz Grandío tamén fixo fincapé na Gala do Deporte, que este ano se celebrará o xoves, 8 de outubro no auditorio municipal Gustavo Freire a partir das 20:30 horas, onde se premiará por noveno ano o deporte lucense.

Calendario deportivo San Froilán 2015

Sábado 26 de setembro

  • Tenis de mesa

10.00 h.- VI Torneo internacional San Froilán Cidade de Lugo. Pista municipal de tenis cuberta de Frigsa

  • Piragüismo

11.00 h.- X Descenso recreativodo Miño para veteranos. Club fluvial de Lugo

  • Ciclismo

16.00 h. XV Criterium Ciclista San Froilán. Circuíto Avda Ramón Ferreiro

  • Tiro con arco

16.00 h.- IX Trofeo San Froilán de Tiro con Arco. Polideportivo Daniel Cordido (Piringalla)

Domingo 27 de setembro

  • BTT

09.00 h.- XVI Marcha cicloturista San Froilán

Do 01 ao 04 outubro

  • Pádel

10.00 h.- XIV Open de Pádel trofeo San Froilán. Club Pádel Hotel Santiago

02 outubro

  • Baloncesto

20.45 h.- Partido: Actel Força Lleida Vs. Cafés Candelas Breogán. Pazo Universitario de Deportes

Do 02 ao 03 outubro

  • Squash

10.00 h.- VII Torneo San Froilán de Squash. Pazo Provincial dos Deportes

03 outubro

  • Rugby

16.00 h.- XIV Torneo San Froilán de Rugby. Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera

  • Dardos

16.00 h.- VII Open de Dardos San Froilán. Pool Bar Tiempos Modernos

  • Voléibol

20.00 h.- Superliga Masculina Emeve - Fc Barcelona. Pavillón Municipal

03, 07 e 10 outubro

  • Béisbol

VII Torneo San Froilán de béisbol de veteranos e infantís. Campo Municipal Germán López Díaz (O Ceao)
(Días 3 e 10: ás 11.00 horas veteranos; ás 16.00 horas infantís)
(Día 7: ás 17.00 h. veteranos)

Do 03 ao 10 outubro

  • Hóckey

09.00 h.- XVI Torneo Hóckey liña Cidade de Lugo San Froilán. Polideportivo Daniel Cordido (Piringalla)

04 outubro

  • Golf

09.00 h.- XIX Torneo San Froilán de Golf. Campo de Golf de Lugo

  • Voléibol

12.00 h.- Superliga Masculina Emeve - Xátiva Voleibol. Pavillón Municipal

  • Judo

18.00 h.- XlI Torneo Judo San Froilán. Polideportivo Casa do Deportes

Do 05 ao 11 de outubro

  • Tenis

10.00 h.- XIII Torneo San Froilán de Tenis. Pista municipal de tenis cuberta de Frigsa

08 outubro

  • Gala Deporte

20.30 h.- IX Entrega Premios Deporte Lucense El Progreso. Auditorio Gustavo Freire

09 outubro

  • Boxeo

21.00 h.- Velada Boxeo San Froilán 2015. Polideportivo O Pombal Organiza Boxing Club Cidade de Lugo

Do 09 ao 11 outubro

  • Tenis

10.00 h.- Campionato España Tenis Silla de Ruedas por Autonomías. Pista municipal de tenis de Frigsa

Do 09 ao 12 outubro

  • Billar

16.00 h.- XIV Open San Froilán Billar Pool Bola 8. Pool Bar Tiempos Modernos

10 outubro

  • Pesca

10.00 h.- XI concurso Pesca Ciprínidos San Froilán. Club Fluvial de Lugo

  • Fútbol

21.00 h.- V copa San Froilán de Fútbol -7 +35 anos. Campo municipal da Cheda

11 outubro

  • Tiro Pistola 9 mm.

10.00 h.- XXII Trofeo San Froilán Tiro Pistola 9 mm. Real Aero Club de Lugo

  • Esgrima-espada

09.00 h.- VII Torneo San Froilán Ránking Espada. Sala Esgrima Pavillón Municipal

12 outubro

  • Futbolín

16.00 h.- V Open San Froilán de Futbolín. Pool Bar Tiempos Modernos

Audio

Noticias relacionadas