Miguel Fernández supervisou o remate destas tarefas, que responden a unha demanda das persoas usuarias e a mellora da seguridade nestas instalacións, que son moi empregadas polos veciños e veciñas de Lugo
O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou estes martes, nas instalacións deportivas das piscinas municipais de Frigsa, o remate das tarefas coas que se renovaron as varandas de seguridade existentes no exterior. Con esta actuación, o Concello dá resposta á demanda das persoas usuarias e mellora a seguridade nestas instalacións, que son moi empregadas polos veciños e veciñas de Lugo.
Esta actuación da entidade local súmase a outras realizadas para mellorar as instalacións deportivas municipais, como a mellora da accesibilidade no campo de fútbol José María Rodríguez Lago, ou á que realizarán Concello e Deputación para dotar de novo céspede artificial aos campos de fútbol de Frigsa e A Cheda con 500.000 euros.