O campo municipal José María Rodríguez Lago, nas Gándaras, acollerá un torneo de fútbol base con 500 rapaces e rapazas

Terá lugar o vindeiro luns e martes organizado pola ADC Sagrado Corazón co apoio do Concello e reunirá a 36 equipos chegados de toda a comunidade e da provincia de León.

Jorge Bustos: “Lugo converterase nunha das cidades máis importantes do fútbol base de toda Galicia, dándose cita no noso municipio moitas das mellores canteiras do país”.

Sábado, 23 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O campo municipal José María Rodríguez Lago, nas Gándaras, acollerá un torneo de fútbol base con 500 rapaces e rapazas

Os campos municipais José María Rodríguez Lago, situados en As Gándaras, acollerán o vindeiro luns 25 e martes 26 de marzo o IV Torneo Semana Santa “Trofeo Lugo Express”, organizado pola ADC Sagrado Corazón, co apoio do Concello. Esta competición, para as categorías benxamín e alevín, reunirá a un total de 36 equipos chegados dende toda a comunidade galega e tamén da provincia de León.

Neste senso, o edil de Deportes, Jorge Bustos, destacou que “Lugo converterase durante dous días nunha das cidades máis importantes do fútbol base de toda Galicia, dándose cita no noso municipio moitas das mellores canteiras do país”.

Así mesmo, o concelleiro puxo en valor a aposta do executivo municipal polo deporte lucense e o apoio aos clubs cedendo as instalacións municipais e poñendo a súa disposición os espazos para que poidan organizar este tipo de eventos, que teñen gran repercursión na cidade e impacto económico, especialmente para o sector servizos.

Os campos municipais José María Rodríguez Lago situados en As Gándaras albergarán un total de 78 partidos para coñecer ao campión de cada categoría ao termo de cada xornada e cunha participación estimada de máis de 500 xogadores e xogadoras, xa que o torneo é mixto e disputarase na modalidade de fútbol-7.

Programación

Luns 25 de marzo:

  • Categoría benxamín: 16 equipos.
  • Comezo da competición: 11:00 horas.

Martes 26 de marzo:

  • Categoría alevín: 20 equipos.
  • Comezo da competición: 10:30 horas.
 

Multimedia

  • O campo municipal José María Rodríguez Lago, nas Gándaras, acollerá un torneo de fútbol base con 500 rapaces e rapazas

Noticias relacionadas