O Executivo de Paula Alvarellos promove o sábado un concerto gratuíto de Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound

Estará acompañado polo grupo Amoeba Split nunha cita organizada pola área de Xuventude o día 27. Será no Club Clavicémbalo ás sete da tarde e con entrada libre.

Martes, 23 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos promove o sábado un concerto gratuíto de Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound

Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound, ofrecerá un concerto gratuíto este sábado en Lugo, promovido pola Área de Xuventude do Concello. Así o avanzou o edil Jorge Bustos, quen subliñou que “esta cita se enmarca dentro da programación trimestral que poñemos en marcha para fomentar un ocio saudable entre a mocidade lucense”.

Neste senso, Bustos convidou a “todas as persoas amantes da música a disfrutrar desta posibilidade inédita de gozar dun concerto do músico inglés que suporá todo un acontecemento musical na nosa cidade”. A cita terá lugar no Club Clavicémbalo ás 19:00 horas con entrada de balde e acceso libre ata completar aforo.

O famoso músico Richard Sinclair estará acompañado no escenario por Amoeba Split, grupo galego composto por seis artistas e enmarcado no estilo jazz-rock progresivo. Con este tipo de iniciativas o goberno municipal busca achegar un completo programa de alternativas de lecer á mocidade lucense coas que fomentar a cultura e o ocio responsable e previr posibles adiccións ou conductas nocivas para os mozos e mozas.

“A prevención de drogodependencias e o fomento de bos hábitos da saúde son dous labores que a sociedade temos o deber de potenciar. Tecido educativo, social, deportivo, lúdico, familiar, a cidadanía en xeral, e como non, administracións, somos protagonistas na concienciación e na extensión da cultura do rexeitamento e o fomento dun ocio saudable”, apuntou o edil.

Richard Sinclair

É un músico inglés coñecido por ser un dos pioneiros da “Escena de Canterbury”, estilo que xunta de forma única jazz, pop e rock psicodélico. A súa voz é a máis recoñecible do estilo e a súa forma de tocar o baixo influíu en varias xeracións de músicos, ata o punto de ser considerado toda unha icona mundial no xénero.

Amoeba Split

É un grupo musical de A Coruña formado a finais de 2001 que interpretan na actualidade unha música encadrada dentro do denominado “jazz-rock progresivo”. As influencias de Amoeba Split son principalmente bandas británicas dos años setenta, como King Crimson, Soft Machine ou Caravan, aínda que co tempo foron considerados por diversos expertos como un grupo de “Sonido Canterbury”.

Amoeba Split está formado por Fernando Lamas (Batería e percusión), Ricardo Castro (Teclados), Alberto Villarroya (Baixo e guitarras), Pablo Añón (Saxo alto), Eduardo Méndez Baamonde (Flauta e saxo) e Iago Mouriño (Teclados).

Noticias relacionadas