O Executivo de Paula Alvarellos explora novas liñas de colaboración cos socios da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas

O concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, participou ao longo do pasado fin de semana na Asemblea da AEFR, celebrada en Linares, Xaén, onde relizou un traballo de promoción da festa e creou novas sinerxias.

“Estamos a xerar alianzas estratéxicas con outros eventos de recreación histórica, co obxectivo de promover a participación destes colectivos en próximas edicións do Arde Lvcvs”, sinalou o concelleiro.

Estas colaboracións buscan enriquecer a oferta cultural e turística de ambas as partes, así como fomentar o intercambio de experiencias e coñecementos entre as diferentes celebracións deste tipo en toda España.

Luns, 29 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos explora novas liñas de colaboración cos socios da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas

O Executivo de Paula Alvarellos está a levar a cabo ao longo destes meses previos a celebración do Arde Lvcvs un amplo traballo de promoción da Festa a nivel peninsular. Deste xeito, o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, participou ao longo do pasado fin de semana na Asemblea da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas, celebrada en Linares, Xaén. Durante o evento, o edil levou a cabo un labor de promoción activa da Festa do Arde Lucus, recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional, e estableceu sinerxias con outros eventos de recreación histórica de todo o país. “O traballo realizado en Linares está encamiñado a enriquecer a nosa celebración no futuro e contar coa máxima participación posible co obxectivo claro de que o Arde Lvcvs siga crecendo como referente internacional”, sinalouo edil.

A participación de Bustos nesta asemblea reforza a estratexia do Goberno local de utilizar o Arde Lvcvs e a súa proxección como ferramenta para promover o patrimonio cultural e turístico da cidade a nivel nacional e internacional. Durante o encontro, o Concelleiro presentou a parte orgnizativa do Arde Lucus ante representantes de diversas festas históricas de toda España, destacando a súa singularidade, a súa relevancia histórica e a súa capacidade para atraer a persoas visitantes de todo o mundo.“De forma paralela a este labor de promoción, estamos a  culminar o deseño dos festexos para este ano e traballamos de forma intensa en incrementar a colaboración público-privada para a XXIII edición”, explicou Bustos.

“Queremos xerar alianzas estratéxicas con outras festas de recreación histórica, co obxectivo de promover a participación destas en próximas edicións do Arde Lvcvs. Estas colaboracións buscan enriquecer a oferta cultural e turística de ambas as partes, así como fomentar o intercambio de experiencias e coñecementos entre as diferentes celebracións históricas de España”, proseguíu.

“Na actualidade, negociamos diferentes vías de colaboración cos máis da mitade do medio centenar de membros da  AEFRH, o que no futuro, de seguro, traducirase nun crecemento sustancial da nosa festa e da súa proxección sen perder a sutentabilidade económica da mesma. A nosa participación nesta Asoaciación, na que ocupamos un cargo na súa dirección, enmárcase dentro  da estratexia do Concello para impulsar o turismo cultural como motor de desenvolvemento económico e social a través do Arde Lvcvs”, concluíu.

Multimedia

  • O Executivo de Paula Alvarellos explora novas liñas de colaboración cos socios da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas
  • O Executivo de Paula Alvarellos explora novas liñas de colaboración cos socios da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas

Noticias relacionadas