O Concello estrea o outono renovando a ornamentación floral da súa fachada

Medio cento de “unllas de gato” ocupan dende hoxe as 16 macetas penduradas do balcón principal da Casa Consistorial

Venres, 25 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello estrea o outono renovando a ornamentación floral da súa fachada

Operarios do servizo de mantemento de Parques e Xardíns procedían esta mañá a renovar a ornamentación floral exterior da Casa Consistorial.

En total, foron 48 plantas, da variedade “unlla de gato” - moi resistente e que soporta ben a humidade – as que pasaron a ocupar as 16 macetas penduradas do balcón principal da Casa Consistorial.

Substitúen, entre outras especies, ás hedras, kalanchoes e petunias que durante a primavera e o verán encheron de cor a fachada das dependencias municipais, completando así a paisaxe que ofrece a zona verde da Praza Maior.

A determinación da administración local por escoller este tipo de decoración vexetal encádrase na aposta decidida da alcaldía pola utilización, transversal a tódolos eidos de actuación municipal, dos recursos naturais dentro do modelo de cidade sustentable e respectuosa co medio ambiente que se persegue para Lugo.

Noticias relacionadas