Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 04 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

Na tarde do pasado 23 de abril un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo trasládase á rúarío Parga xa que ao parecer producírase un accidente de circulación. Os axentes comproban que un mozo de 14 anos accedera ao interior dun vehículo propiedade dun familiar para retirar un obxecto, pero que o puxera en marcha acendéndoo e baixando a panca de freo de man, momento no que o turismo se despraza cara adiante chocando contra outro estacionado.

Acto seguido o menor acciona a marcha atrás, provocando o desprazamento do vehículo cara atrás, chocando contra outro tamén estacionado, rexistrándose danos materiais.

Os axentes localizan aos pais deste mozo e, en compañía da súa, nai trasládanse a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria por CARECER de autorización administrativa.

Na mañá de onte, día 4 de maio, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta que un vehículo que sae do Banco de Alimentos do Ceao realiza unha manobra estraña polo que se lle dá o “alto” comprobando os axentes, a través das bases de datos policiais, que o condutor CARECE de permiso de condución por non obtelo NUNCA, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Accidente de circulación

Sobre as 15:00 horas do día 4 de maio un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo instrúe dilixencias por accidente de circulación ocorrido na rúa das Fontes onde un vehículo golpeara un coche de bebé baleiro que levaba unha señora cando cruzaba por un paso de peóns.

Ao chocar o vehículo contra o carriño, este desprázase impactando coa peón, causándolle feridas que ao parecer non revisten gravidade, pero sendo trasladada ao HULApor unha ambulancia do 061 para a súa atención médica.

Noticias relacionadas