Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 3 ao 5 de maio/24.

Luns, 06 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a fin de semana efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, establecendo diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (6)

  • Na Av. Da Coruña detéctase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que o condutor presenta signos de embriguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia lanzando un resultado POSITIVO de 1,26 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo. É a taxa más alta detectada durante este ano 2024.
  • Unha patrulla detecta a circulación irregular dun vehículo pola Avenida de Madrid, dándolle o alto e observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,68 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • En Ronda das Fontiñas un vehículo choca contra a parte traseira dun camión de recollida de residuos, observando que a condutora presenta signos de embriaguez, sendo sometida ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,69 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo. (foto)
  • Vehículo detectado na rúa Dtr. Ochoa, cuxo condutor realiza unha condución neglixente, observando que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,80 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Rodríguez Mourelo, detéctase a circulación irregular dun vehículo, observando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,33 mg/. Ao proceder á súa identificación compróbase que CARECE de permiso de condución por NON OBTELO NUNCA, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Mar Cantábrico dáse o alto a un vehículo observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,76 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (6)

  • Serra de Meira. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l.
  • Carril dos Loureiros. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,36 mg/l. Así mesmo sométeselle a unha proba de DROGAS lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA e METANFETAMINA. Polo positivo en alcol sanciónaselle con 500 euros e a retirada de 4 puntos e polo positivo en drogas con 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. Inmobilízase o vehículo.
  • Dona Pega. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,39 mg/l.
  • Illas Cies. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,42 mg/l.

Estes condutores foron sancionados con multas de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

  • Praza da Milagrosa. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,61 mg/l.
  • Lamas de Prado. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l.

Estes condutores foron sancionados con multas de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

DROGAS (1)

Na Avenida das Américas realízase proba de drogas a un condutor, lanzando un resultado POSITIVO en COCAÍNA e OPIÁCEOS, sendo sancionado con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo. Este vehículo carecía de SOA.

Así mesmo como consecuencia destes controis detectáronse as seguintes infraccións GRAVES á normativa de seguridade viaria:

  • 9 condutores denunciados por non presentar o vehículo a ITV no prazo debido.
  • 3 condutores denunciados por circular carecendo de SOA.
  • 2 condutores denunciados por condución neglixente.
  • 1 condutor denunciado por ITV desfavorable.
  • 1 condutor denunciado por quebrantamento de inmobilización.
  • 1 condutor denunciado por circular con placas de matrícula temporais de empresa, ás que lle faltan caracteres e confeccionadas de forma irregular.

Venda ambulante non autorizada

O pasado venres, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no recinto do Parque da Milagrosa, con ocasión do mercadillo semanal, sorprenderon a tres persoas ocupando vía pública para a venda ambulante non autorizada, sendo identificados e levantándose acta de denuncia por infracción  á Lei de Seguridade Cidadá, propoñéndose sancións de 600 euros a cada un deles.

Axuda humanitaria

Durante a fin de semana, as patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron nos seguintes casos de auxilio a cidadáns:

  • Na rúa Curros Enríquez auxíliase a unha persoa maior que se caeu dentro da súa vivenda, incorporándoa e deitándoa na súa cama, sen que fose necesario a intervención dos servizos sanitarios.
  • En Bocamaos auxíliase a unha persoa que se caeu no salón da súa casa e non pode incorporarse, sendo levantado polos axentes que sintan nunha cadeira de brazos, quedando ao cargo da súa familia.
  • Na rúa Alexandre Bóveda accédese ao interior dunha vivenda xa que unha persoa de avanzada idade caeuse no baño non podendo levantarse, sendo auxiliado polos axentes, requirindo a presenza dunha ambulancia onde é trasladada a un centro médico.

Noticias relacionadas