Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 16 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Inspección de establecemento de hostalería

Na mañá o domingo día 14 de abril, nun operativo conxunto, efectivos da Policía Local de Lugo e da Policía Nacional accederon ao interior dun local situado na rúa Pintor Luis Seoane, co fin de realizar unha inspección, detectando as seguintes infraccións GRAVES e MOI GRAVES á normativa de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas:

  • Non colaboración, por parte do propietario do establecemento, cos axentes que realizaban a inspección, interpoñéndose nos rexistros realizados, non facilitando documentación algunha e increpando continuamente o labor policial.
  • Reprodución de música mediante altofalante con tecnoloxía bluetooth de grandes dimensións co teléfono móbil persoal do propietario, para evitar a acción inspectora e poder identificar fidedignamente a fonte de reprodución, cando é un establecemento que ten prohibida a instalación de equipos de reprodución musical.
  • Exercicio de actividade que non corresponde coa categoría de Grupo I ao que pertence (cafetería), xa que non existen cadeiras para os clientes, non existe cociña e carece de cafeteira, realizando actividade de establecemento de grupo superior como pub.
  • Estado xeral do establecemento deplorable, carecendo de iluminación adecuada para exercer a actividade, téndose que realizar a inspección (pola mañá) con lanternas policiais, estando atascados os baños.
  • Constátase a permisivilidad do consumo de tabaco no interior do local, denunciando a clientes por esta conduta prohibida.
  • Permitir sacar ao exterior bebidas alcohólicas adquiridas no interior do establecemento.
  • Bloqueo permanente da porta de entrada cunha obstaculización grave da saída por unha máquina de xogos que imposibilitaría o desaloxo efectivo do interior en caso de emerxencia.
  • Incumprir as medidas e condicións de seguridade e hixiene, xa que os baños presentan condicións insalubres, cabichas no chan, ouriñes.
  • Carecer do cartel informativo sobre follas de reclamacións e das propias follas de reclamacións.
  • Carecer de caixa de primeiros auxilios cos elementos básicos de asistencia sanitaria.
  • Carecer dos carteis informativos do cadro eléctrico, non contando cun correcto funcionamento das luces de emerxencia.

En total detectáronse 11 infraccións:

  • 5 denuncias por infracción á Lei de Espectáculos Públicos de Galicia.
  • 2 denuncias por infracción á Lei de Emprendemento de Galicia.
  • 2 denuncias por infracción á Lei do Tabaco.
  • 1 denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá.
  • 1 denuncia por infracción á Ordenanza de Contaminación Acústica.

Condutas incívicas

Na noite de onte, unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, sorprendeu a unha persoa depositando residuos sólidos na beirarrúa da rúa Camiño Real, cando o contedor atopábase baleiro, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros.

A Policía Local lembra á cidadanía que está prohibido depositar residuos fóra dos contedores, que cada tipo de residuo debe depositarse no contedor adecuado e que existe servizo municipal de recolleita porta a porta para o papel e cartón e o vidro.

Noticias relacionadas