Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 12 ao 14 de abril/24.

Luns, 15 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a fin de semana, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, establecéndose diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte resultado:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (6)

  • Rúa Marina Española. Vehículo que realiza condución irregular, sendo sometido o seu condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,97 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Rúa Ourense. Condutor que é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Rúa Manuel María. Condutor que realiza unha condución irregular, lanzando un resultado POSITIVO de 0,69 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Rúa Antonio Rosón. Condutor interceptado que ao ser sometido ás probas de alcoholemia, lanza un resultado POSITIVO de 1,01 mg/l (CATRO VECES MÁS DA TAXA PERMITIDA), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  • Rodríguez Mourelo. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,75 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
  •  Flor de Lirio. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,76 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Todos estes vehículos foron inmobilizados.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (6)

  • Fonte do rei. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,61 mg/l.
  • Rúa Santiago. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,52 mg/l. Este condutor, ao decatarse do control, detense no carril de circulación, realizando un cambio de sentido para fuxir do lugar, sendo perseguido polas patrullas que se achaban na zona de reacción do dispositivo, interceptándoo aos poucos instantes.

Estes dous condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

  • Vázquez Sejas. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,48 mg/l.
  •  Rof Codina. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,34 mg/l.
  • Rúa Viñedo. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,47 mg/l.
  • Yañez Rebolo. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,41 mg/l.

Estes catro condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

DROGAS (1)

  • Rúa dos Gardas. Condutor que lanza resultado POSITIVO en THC.

No transcurso destes dispositivos detectáronse as seguintes infraccións graves á normativa de Seguridade viaria:

  • 4 condutores que non presentaran o vehículo á ITV no prazo debido.
  • 2 titulares de vehículos que circulaban carecendo de SOA.
  • 1 condutor denunciado por circular a escape libre.
  • 1 condutor ao que se lle interveu o seu permiso de condución por caducidade.
  • 1 condutor denunciado por carecer da autorización administrativa para conducir.

Precinto de vehículo

O día 14 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo intercepta un vehículo na rúa Sierra de Outes, sobre o que pesa mandamento de procura e captura por EMBARGO, sendo trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal, onde queda PRECINTADO ao dispor do organismo competente.

Auxilios a cidadáns

Durante a fin de semana efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron diversos auxilios a cidadáns, destacándose:

  • Na rúa da Luz auxíliase a unha moza que está sentada na beirarrúa, en estado de embriaguez, sendo suxeitada por varias mozas, sendo requirida a presenza dunha ambulancia do 061 que a traslada ao HULA para a súa atención médica, sendo informada a familia destes feitos.
  • Na Praza de Augas Férreas auxíliase a un home que se achaba tirado no chan, semiinconsciente, sendo requirida a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.
  •  Unha patrulla acode a un edificio da zona norte da cidade, xa que un veciño manifesta que saíra a pasear ao seu can e cando se dispoñía a entrar no inmoble, deuse conta que deixara esquecidas as chaves dentro da súa vivenda, chamando repetidamente ao porteiro xa que quedara no seu interior un familiar de avanzada idade, non respondendo as chamadas e temendo que algo grave lle sucedera. Os axentes requiren a presenza dunha dotación de Bombeiros, accedendo ao interior da vivenda e achando a esta persoa deitada na cama durmindo, en bo estado.
  • Na praza Maior unha patrulla atopa a unha persoa de avanzada idade tratando de entrar nun edificio que non está destinado a uso residencial, comprobando os axentes que está totalmente desorientado, polo que é trasladado ao seu domicilio, quedando ao cargo dos seus coidadores.

Condutas incívicas

Na Praza de Augas Férreas foron sorprendidos DOUS mozos ouriñando na vía pública, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción para cada un deles de ata 900 euros.

Noticias relacionadas