Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 03 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Na madrugada de onte unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, detecta pola Avenida Infanta Elena a circulación en zig-zag dun vehículo, que ao ser detido obsérvase que a súa condutora presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometida ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,82 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Control de drogas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectaron TRES condutores que presentaban signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometidos a un test de drogas, co seguinte resultado:

  • O primeiro na Rolda da Muralla, lanza un resultado POSITIVO en THC.
  • O segundo na mesma Rolda, lanza un resultado POSITIVO en THC.

Ambos os condutores foron interceptados nun intervalo de tempo moi pequeno.

  • O terceiro condutor foi interceptado na Praza Fonte dos Ranchos, lanzando un resultado POSITIVO en THC.

Estes tres condutores foron sancionados con 1.000 euros de multa e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Auxilio a cidadán

Na mañá de onte unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade  á Avenida das Américas, xa que unha persoa camiña desorientada pola vía pública.

Os axentes localizan no interior dun portal a esta persoa, de avanzada idade, realizando as xestións oportunas, coa axuda duns veciños, podendo pescudar o seu domicilio, sendo trasladado á súa residencia onde queda ao cargo dun familiar.

Caída de antena á vía pública

Na tarde do día de onte, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode á rúa Galicia xa que se caeu a antena dun edificio, causando danos nun vehículo estacionado, comprobando como efectivamente a antena achábase tirada na calzada, manifestando unha testemuña que escoitou un forte ruído e viu como a antena causou danos nun turismo estacionado, procedendo os axentes para levantar o correspondente atestado, identificando o presidente da comunidade e á entidade administradora do edificio, procedendo á recollida da antena.

Noticias relacionadas