Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 08 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Presunto delito de violencia de xénero

Á 1’20 horas do mércores, a Sala do 092 recibiu unha chamada telefónica informando dunha muller causando molestias nun establecemento de hostalería da rúa Río Eo, polo que se envía ao lugar un indicativo do Grupo Operativo Nocturno. Os axentes atópanse cunha muller, de 28 anos de idade, chorando e moi alterada, manifestando que lle prestara certa cantidade de diñeiro ao propietario, co cal mantiña relación sentimental, pero que aquel non lla devolveu, motivo polo cal lle collera o seu teléfono móbil, que lle prestara ela, que é quen o paga. Que o titular do bar déralle un forte golpe na cabeza, empuxándoa para sacala do local. Como consecuencia do exposto, os axentes proceden á detención do suxeito e o seu traslado a dependencias policiais para a correspondente tramitación de dilixencias por un presunto delito de violencia de xénero. A muller é trasladada a un centro médico para ser atendida polas posibles lesións e, posteriormente, a dependencias policiais para a formalización da denuncia.

Lume en contedores de residuos

Á 1’30 horas do mércores, a Sala do 092 enviou un indicativo do Grupo Operativo Nocturno á rúa Campos Novos onde, segundo varias chamadas telefónicas, había contedores de residuos ardendo, o que foi comprobado polos axentes á súa chegada, os cales, con axuda de operarios do servizo de limpeza, procederon a separar un dos contedores que comezaba a arder dos que xa se atopaban totalmente en chamas. Aos poucos minutos compareceu o Servizo de Extinción de Incendios, que apagou o lume por completo, sen que resultasen danados os vehículos estacionados nas inmediacións.      

Venda ambulante non autorizada

Durante a mañá do martes, os axentes que formaban parte do dispositivo de vixilancia no mercadillo de Frigsa procederon á identificación dun home que montara un posto de venda no interior do recinto, sen contar coa habilitación municipal necesaria, motivo polo cal foi denunciado por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, por ocupación de vía pública para a venda ambulante sen a correspondente autorización, o que supón unha infracción leve, que pode ser castigada con multa de ata 600 euros.

Incumprimento en local de hostalería

Ás 21’15 do martes, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasladouse a un establecemento de hostalería de Camiño Real, xa que había queixas polo ruído procedente do mesmo. Os axentes comprobaron que, a pesar de que o local tiña licenza de café bar, sen permiso para utilizar aparellos reprodutores de son, tiña en funcionamento reprodución musical, a través de altofalantes instalados no establecemento, motivo polo cal se confeccionou acta – denuncia.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas