Catro equipos competirán no II Torneo Hockey Liña Arde Lucus

Martes, 22 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A cidade de Lugo acolle esta fin de semana o II Hockey liña Arde Lucus que pon colofón á tempada desta práctica deportiva e organizado polo H.L. Lugo coa colaboración da Concellería de Deportes e Turismo.

Nesta proba deportiva participarán catro equipos:
- C.H.L. Lugo
- CH Mestura Plenum
- CHL Roller (Murcia)
- CHL A Guarda (Pontevedra)

A competición comezará o 26 de xuño ás 11:00 horas e se alongará ata as 21.15 horas.

Cada partido será de 20 minutos cada parte con 5 minutos de descanso entre cada tempo.

Todos os partidos terán lugar nas instalacións deportivas do Pavillón de A Piringalla onde o Concello realizou a finais de 2008 o cambio do pavimento por un máis axeitado para a práctica de hockey e patinaxe artístico por un importe de 54.185 euros. O Concello instalou esta pista importada de Estados Unidos que foi utilizado nos últimos campionatos do mundo de hockey. Este pavimento é compatible coa práctica doutros deportes, polo que as instalacións continuarán abertas a todos os deportistas que desexen practicar no pavillón.

Multimedia

Noticias relacionadas